Amosando publicacións coa etiqueta festival. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta festival. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de xullo de 2014

A "Requinta da Amaía" nos Encontros Culturais no Pazo 2014

A "Requinta da Amaía " da nosa asociación participa este venres, 4 de xullo, ás 9.30 do serán no Pazo da Peregrina en Bertamiráns nos Encontros Culturais no Pazo 2014 que organiza o Concello de Ames.
Ven con nós a disfrutar de xotas, muiñeiras, valses, polcas, mazurcas, pasodobres, rumbas e moitos outros ritmos que de seguida aprenderás e disfrutarás bailando.
Agardámoste!

Mái información aquí

Podedes ollar algunhas fotos da actuación premendo aquí.

domingo, 1 de decembro de 2013

A "Requinta da Amaía" na Casa da Cultura de Bertamiráns

A "Requinta da Amaía" participa no Concerto de Santa Cecilia que terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns o sábado 23 de novembro, a partires das 20.30h.

mércores, 16 de marzo de 2011

III Festival Val da Maía

As Maianas de Ames organizan, por terceiro ano, este festival no que a nosa asociación participa.
No cartaz atoparedes máis información.
Podedes ver as fotos do festival do ano pasado pinchando neste enlace:
https://picasaweb.google.com/follasnovas.ames/FestivalPandereteirasValDaMaia#
As fotos deste ano están no enlace
Axiña estarán os videos!!!