sábado, 9 de outubro de 2010

Comezo do curso AC Follas Novas



Ola a tod@s,

Comezamos un novo curso na Asociación Cultural Follas Novas con gañas de seguir mergullándonos na nosa cultura.
Contamos coa ilusión do profesorado doutros anos e de novas persoas formadas na asociación e que se unen a esta tarefa de formación.
As actividades comezan o venres 15 de outubro de 20.30 a 21 30h. no ximnasio do IES de Ames (Bertamiráns) para baile de adultos.
O resto das actividades comezan o sábado 16 de outubro a partires das 10.30h. no IES de Ames.
Teremos a ocasión de vernos na actuación dos Berros do Castro o sábado 16 de outubro ás 20.00h. na Casa da Cultura de Bertamirans.
Lembrarnos que somos unha asociación, aberta en todo momento ás iniciativas dos asociados a prol dos obxectivos que perseguimos e que quedan reflectidos nos nosos estatutos. Tod@s podemos e temos que colaborar.

BENVID@S!

Carmen García
Xunta Directiva AC Follas Novas

Ningún comentario:

Publicar un comentario