luns, 10 de setembro de 2012

Comezo das actividades da asociación no curso 2012-2013

Comezamos un novo curso coas actividades fixas que organiza a asociación.
As actividades comezan o venres, 5 de outubro no caso de baile para adultos en horario de 20.30 a 21.50h. en Aldea Nova (Ames). Tamén comezan o 5 de outubro as clases de acordeón cromático en horario de 19.30h. a 21.30h.
O resto das actividades (canto, pandeireta e baile para cativos; gaita; acordeón diatónico; requinta; canto e pandeireta; percusión) comezan o sábado 6 de outubro a partires das 10.30h. tamén en Aldea Nova.
Consultade os novos horarios e prezos e enviade un correo a follasnovas.ames@gmail.com cos vosos datos indicando as actividades nas que queredes participar ou se precisades máis información.
Vémonos axiña!

Ningún comentario:

Publicar un comentario