Parece que foi onte cando comezamos con gañas e ilusión un novo curso e xa temos data e lugar para celebrar a festa de fin de curso.
Disfrutaremos da música, bailes e cancións aprendidos neste ano e da compaña dos socios e socias e de quen queira vir.
A única condición é pasalo ben e traer xantar e bebida para compartir.
A cita é o sábado 15 de xuño no campo da festa de San Mamede de Piñeiro (Ames).
As 12 da mañán comezarán as actuacións de baile, pandeireta, requintas, gaitas, acordeóns cromáticos e acordeóns diatonicos, combos de varios instrumentos e voces...
Xantaremos e despois foliada ata que o corpo aguante!!!
Non podes faltar!

Ningún comentario:
Publicar un comentario