venres, 16 de setembro de 2016

Curso 2016-2017: Patricia Quintela, nova profesora de acordeón cromático

Benvidas e benvidos a un novo curso na asociación.
Pare este curso contamos con Patricia Quintela como nova profesora de acordeón cromático.
Esta actividade será os vernes de 19.30 a 20.30 no local socicultural de Cruxeiras.
De seguido podedes ollar o seu currículum.
Vémonos axiña!
Patricia Quintela Pereiro
31/03/1995


FORMACIÓN
  • ESTUDIO Escola de música
  • Conservatorio Histórico Profesional de Música
  • III,IV,V e VI Seminarios de Jazz e música moderna de Burela
  • Master Class de acordeón jazz por Victor Prieto (2015)
  • Curso de improvisación na música folk na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela (impartido por Pedro Pascual e Javier Díaz)
  • Grao en Mestra de Educación Primaria

EXPERIENCIA
Dende pequena comeza o seu contacto coa música en actividades extraescolares de baile tradicional e pandeireta. Con 10 anos, animada pola súa nai empeza linguaxe musical, coro e orquestra orff na ESTUDIO Escola de música de Santiago de Compostela. Un ano máis tarde, fascinada por ese instrumento peculiar nunha audición escolar, decídese a tocar o acordeón. En ESTUDIO coñece co acordeón distintos estilos da música moderna (boleros, blues, baiaos, tangos...) durante sete anos que compaxina con outras asignaturas da escola. Máis tarde, tratando de enfocarse a un ámbito máis profesional entra no Conservatorio Histórico Profesional de Música de Santiago onde actualmente cursa o quinto curso de Grao Profesional.
Conxúntamente a esta formación musical, forma parte da sección instrumental e do Coro Histórico da Asociación Cantigas e Agarimos. Ademais de cantar como solista en grupos de música tradicionais e algún de funky e jazz.
Toda esta faceta musical vai ligada ao estudo da carreira para Mestre en educación de primaria na mención de música, da cal cursa actualmente o seu derradeiro ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario