BREVE MEMORIA DAS ACTIVIDADES REALIZADAS
|
Esta asociación con sede en Bertamiráns (Ames-A Coruña) fundóuse no mes de abril de 2000.
Xurdíu dun grupo de persoas que detectaron as escasas actividades culturais municipais,véndose na obriga de xuntarse para desenvolver actividades.
Tras contactar con outras asociacións da bisbarra e facer unha posta en común de ideas e proxectos,creouse a Asociación Cultural Follas Novas, unha entidade na que poden participar veciños de Ames de todas as idades e desta maneira “ favorecer as relacións entre as persoas do concello a través da cultura”.
Con 25 socios e moita ilusión para acoller novas ideas e novos socios comezóu esta nova andaina esta asociación cunha Xunta Xestora na que nos dous anos seguintes fixeron moitas actividades culturais ( Concertos musicais, Homenaxes Literarios a Castelao,Rosalía de Castro…,Contacontos,talleres de manualidades,Recitais poéticos…).
Entre o ano 2002 e 2003 esta asociación fica nun abandono debido a que moitos membros da Xunta Xestora deixan a asociación e como consecuencia a actividade cultural descende.
No ano 2004 fórmase a primeira Xunta Directiva desta asociación estándo ao frente como presidente Alexandre Cadarso Suárez.
Nos anos 2005 e 2006 medra a Asociación tendo un número de 60 socios e socias na actualidade e caracterizándose por ser unha Asociación onde familias enteiras participan nas distintas actividades e cursos que se organizan.
Nos anos 2007 e 2008 o número de socios pasa dos 100 e continuamos traballando a prol da cultura galega, no seu senso máis amplo.
Nos anos 2008 e 2009 e ata a actualidade, segue a medrar a asociación, contando con 125 socios/as e participando activamente na organización de distintas actividades e programas realcionadas coa cultura galega.
A ASOCIACIÓN FOLLAS NOVAS TEN COMO PRINCIPAIS OBXECTIVOS:
- Promover entre os veciños e as veciñas o interese pola cultura nas diferentes manifestacións.
- A representación, defensa e promoción dos intereses sociais e culturais dos asociados e das asociadas.
- Traballar a prol da normalización cultural e lingüística de Galicia.
- Fomentar a solidaridade entre o colectivo dos socios e das socias, promocionando e creando servizos comúns de natureza asistencial.
ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POLA ASOCIACIÓN FOLLAS NOVAS NO ANO 2004:
- Curso de iniciación e perfeccionamento de gaita tradicional.
- Curso de iniciación e perfeccionamento de solfeo.
- Curso e iniciación de percusión (pandeireta, tambor e bombo).
- Ensaio xeral do grupo de gaitas da Asociación Cultural “Follas Novas”
- Convenio de actuacións no Concello de Ames colaborando no magosto e no Antroido co Concello e con outras asociacións e entidades locais.
- I Encontro de Acordeóns diatónicos Galiza-Asturies.
- I Curso de música tradicional do Québec e galega durante 4 días no mes de xullo.
- Curso de iniciación e perfeccionamento de gaita tradicional
- Curso de iniciación e perfeccionamento de solfeo
- Curso e iniciación de percusión(pandeireta, tambor e bombo)
- Curso de pandereteiras/os
- Curso de baile de nenos e nenas
- Curso de baile de adultos
- Ensaio xeral do grupo de gaitas da Asociación Cultural “Follas Novas”
- Ensaio xeral do grupo de gaitas co grupo de pandereteiras e de baile
- Actuacións no Concello de Ames colaborando no magosto e no Antroido co Concello e con outras asociacións
- Festival de fin de curso na Casa da Cultura de Bertamiráns, coa colaboración da Asociación Cultural Brincadeira de Santiago de Compostela
- Actuacións en diversos actos organizados por Comisións de Festas, Asociación de Empresarios, Concello de Ames...
ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POLA ASOCIACIÓN FOLLAS NOVAS NO ANO 2006:
- Ademais das citadas anteriormente, a A.C. “Follas Novas” organizamos as seguintes actividades:
- Curso de iniciación e perfeccionamento de acordeón diatónico, frauta de madeira ou requinta, mandolina e violín aplicados á música tradicional galega.
- Creación da Charanga “Follas Novas” cun repertorio variado para poder actuar en foliadas.
- Organización da primeira foliada en xuño de 2006, a nivel interno, con participación de distintas agrupacións do Concello de Ames e da charanga “Follas Novas”.
- Curso de iniciación ao uso do programa informático Finale, realizado en xuño cunha duración de 10 horas, na Aula de Informática da Casa da Cultura de Bertamiráns.
- Organización dos cursos de música e danza tradicional galega e do Québec incluidos na I Feira da Cultura e música tradicional celebrada no Pazo da Peregrina en Bertamiráns os días 13, 14 e 15 de xullo de 2006.
- Actuación no Festival nocturno organizado polo Concello de Ames e celebrado no Pazo da Peregrina o día 13 de xullo xunto con outras asociciacións culturais do Concello de Ames.
- Xestión da actuación dos músicos californianos Kevin Karr e Ray Byrl o día 14 de xullo no Pazo da Peregrina, evento organizado polo Concello de Ames.
ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POLA ASOCIACIÓN FOLLAS NOVAS NOS ANOS 2007 E 2008:
- Curso de iniciación e perfeccionamento de gaita tradicional
- Curso de iniciación e perfeccionamento de solfeo
- Curso e iniciación de percusión(pandeireta, tambor e bombo)
- Curso de pandereteiras/os
- Curso de baile de nenos e nenas
- Curso de baile de adultos
- Ensaio xeral da charanga da Asociación Cultural “Follas Novas”
- Ensaio xeral do grupo de gaitas co grupo de pandereteiras e de baile
- Actuacións no Concello de Ames colaborando no magosto e no Antroido co Concello e con outras asociacións
- Actuacións en diversos actos organizados por Comisións de Festas, Asociación de Empresarios, Concello de Ames...
- Festa de fin de curso 2007 no Pazo da Peregrin, contando coa colaboración doutros grupos e asociacións de dentro e fóra do Concello de Ames.
- Foliada 2008 organizada en Piñeiro pola Asociación Cultural Follas Novas, a nivel interno, con participación de distintas agrupacións do Concello de Ames e da charanga “Follas Novas”.
- Curso de iniciación ao uso do programa informático Finale, realizado en xuño cunha duración de 10 horas, na Aula de Informática da Casa da Cultura de Bertamiráns.
- Organización dos cursos de música e danza tradicional galega e do Québec incluidos na II Feira da Cultura e música tradicional celebrada no Pazo da
- Obradoiro de baile de adultos os venres pola tarde. Trátase de manter os bailes “soltos” como muiñeiras e xotas, pero tamén recuperar outro tipo de bailes tradicionais como chotis, vals, rumba, mazurca ou tango.
- Obradoiro de bailes do mundo para nenos e adultos.
- Actuacións en diversas festas e eventos populares: Letras Galegas (Santiago), Festa da Filloa da Pedra (A Baña)...
ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POLA ASOCIACIÓN ATA A ACTUALIDADE:
- Curso de iniciación e perfeccionamento de gaita tradicional.
- Curso de iniciación e perfeccionamento de solfeo.
- Curso e iniciación de percusión(pandeireta, tambor e bombo).
- Curso de pandereteiras/os.
- Curso de baile de nenos e nenas.
- Curso de baile de adultos.
- Ensaio xeral da Requinta da Amaia da Asociación Cultural “Follas Novas”.
- Ensaio xeral do grupo de gaitas co grupo de pandereteiras e de baile.
- Actuacións no Concello de Ames colaborando no magosto e no Antroido co Concello e con outras asociacións
- Actuacións en diversos actos organizados por Comisións de Festas, Asociación de Empresarios, Concello de Ames...
- Festas e folidadas de de fin de curso no Pazo da Peregrina, en Cruxeiras ou en Piñeiro contando coa colaboración doutros grupos e asociacións de dentro e fóra do Concello de Ames e coa actuación da Requinta da Amaia.