Amosando publicacións coa etiqueta AC Follas Novas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AC Follas Novas. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de xaneiro de 2020

A Requinta da Amaia no Concerto de Nadal

A Requinta da Amaia da nosa Asociación participa no Concerto de Nadal que organiza o Concello de Ames.
A cita é o sábado 4 de Xaneiro de 2020 ás 19.30h. na Casa da Cultura de Milladoiro.
Aproveitamos para desexarvos Bo Aninovo!

luns, 11 de novembro de 2019

A Requinta da Amaía no magosto de Barouta

Chega o magosto ao Pavillón do CEIP de Barouta organizado polo CEIP de Barouta e a ANPA San Mauro.
Será o venres 22 de novembro a partires das 16.30h.
A Requinta da Amaía acompañaremos con música esta festa.
A recaudación será para a viaxe do alumnado de 6º de primaria.
Vinde a divertirvos e colaborar!

venres, 5 de xullo de 2019

Actividades da Asociación Follas Novas para 2019-2020

Un ano máis, dende a Asociación Cultural Follas Novas, organizamos cursos para todas as persoas que gostamos da música, o baile e a canción tradicional, sempre co ánimo de aprender e pasalo ben.

Para este curso contamos coas seguintes activides:
  • Os venres, no local de Cruxeiras: 
    • Acordeón cromático e diatónico.
    • Baile de adultos.
  • Os sábados, en Aldea Nova: 
    • Baile e pandeireta de cativos.
    • Pandeireta iniciación.
    • Pandeireta perfeccionamento.
    • Gaita iniciación.
    • Gaita perfeccionamento.
    • Percusión.
    • Violín.
    • Cantos de taberna.
    • Ensaio da Requinta da Amaia.
O novo curso comezará o venres 4 de outubro no local de Cruxeiras e o sábado 5 de outubro en Aldea Nova.

Consultade os horarios e prezos e enviade un correo a follasnovas.ames@gmail.com cos vosos datos indicando as actividades nas que queredes participar ou se precisades máis información.

Apertas e vémonos axiña!

mércores, 26 de xuño de 2019

Festa de fin de curso da Asociación Cultural Follas Novas

Chegamos ao remate das actividades da Asociación e queremos celebralo cunha festa.
A cita é o sábado 29 de xuño ás 12.00h no campo da festa de Piñeiro.
Trae algo de xantar e beber e moitas gañas de cantar, tocar, bailar e pasalo ben. Podes invitar a quen queiras.
Descansade no verán e vémonos de novo en outubro.



A Requinta da Amaia na Noite Meiga de Piñeiro

A Asociación d Veciños de Piñeiro celebra a súa Noite Meiga no campo de baile o sábado 22 de xuño a partires das 9.30h. do serán.
Bo xantar e moitas gañas de pasalo ben.
Nós, a Requinta da Amaia, poñemos a música.
Vén saltar a cacharela e disfrutar desta noite.
Agardámoste!

sábado, 22 de decembro de 2018

Concerto de Nadal

A nosa Asociación participa no Concerto de Nadal que se celebrará o sábado 12 de xaneiro de 2019 ás 18.00h. na Casa da Cultura de Bertamiráns.
Unha boa mostra do baile, o canto e a música tradicional no Concello de Ames.
Vén e participa!

A Requinta da Amaía no magosto de Barouta

A Requinta da Amaía actúa no magosto organizado polo CEIP de Barouta e a ANPA San Mauro.
A cita é no campo da festa do San Amaro de Barouta o 16 de novembro a partires das 17.00horas.
Vinde a divertirvos e colaborar!


mércores, 19 de setembro de 2018

Actividades da Asociación Cultural Follas Novas para o curso 2018-2019

Comeza un novo curso na nosa Asociación, coma sempre con moitas gañas de aprender e pasalo ben.

Ademais das actividades coas que contamos en anos anteriores( baile de adultos, acordeón, gaita, percusión, violín, baile e pandeireta de cativos e pandeireta iniciación e perfeccionamento), neste curso comezamos a actividade de CORO.

O novo curso comezará o venres 5 de outubro no local de Cruxeiras e o sábado 6 de outubro en Aldea Nova.

Consultade os novos horarios e prezos e enviade un correo a follasnovas.ames@gmail.com cos vosos datos indicando as actividades nas que queredes participar ou se precisades máis información.

Apertas e vémonos axiña!

domingo, 3 de xuño de 2018

Festa fin de curso da Asociación Cultural Follas Novas

Estimados  amigos e amigas da A.C. Follas Novas,

 O festival de fin de curso da asociación será o sábado 16 de xuño  a partir das 12  h no Campo da festa de Piñeiro, Ames. Como en anos anteriores, contamos coa vosa participación co fin de facer un festival o mais participativo e divertido posible. Por favor, cada un que traia algo de comer e beber, pero procurade na medida do posible non traer material de plástico de usar e tirar. Saúdos e para calquera dúbida o suxestión, poñédevos en contacto con nos. Envíovos a localización do sitio:



Jesús Lamas
Presidente da A.C. Follas Novas de Ames


Actuación da Requinta da Amaía en Piñeiro

A veciñanza de Piñeiro invita á Requinta da Amaía a tocar na súa Festa das Flores.
Será o domingo 27 de maio ás 13.00h
Graciñas por contar con nós!
https://drive.google.com/file/d/1tgMDZHWE9WJXcfsDxj2Gl2uFcCHO0drC/view?usp=sharing

A Requinta da Amaia en Bugallido


A Requinta da Amaia actúa nas Festas de Santa Lucía en Bugallido.
A cita é o domingo 6 de maio ás 12.30h.
Graciñas por invitarnos!

domingo, 18 de marzo de 2018

FestiVal da Maía

A Requinta da Amaia participa no FestiVal da Maía que se celebra o sábado 17 de marzo de 2018 a partires das 20.00h. na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Graciñas ás Maians por invitarnos.

venres, 2 de marzo de 2018

Festa homenaxe aos Raparigos polo seu 50 aniversario

A Asociación Cultural Follas Novas, en colaboración co Concello de Ames, quere homenaxear aos Raparigos polo seu 50 aniversario.

Compartiremos actuación no Pazo da Peregrina o sábado 3 de marzo ás 19.00 horas e despois haberá foliada aberta ás 21.30h.

Animádevos a cantar, tocar e bailar!


venres, 6 de outubro de 2017

Actividades da Asociación Cultural Follas novas para o curso 2017-2018

Comeza un novo curso e facémolo con ilusión, despois do descanso do verán.
Botádelle unha ollada ao cartaz e tamén ás actividades e prezos.
Comezamos o venres 6 de outubro no Local Social de Cruxeiras e o sábado 7 de outubro no local de Aldea Nova.
Agardámosvos!


xoves, 17 de novembro de 2016

Magosto no campo da festa de Santo Amaro de Barouta

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP de Barouta, co gallo de recadar fondos para a súa excursión de fin de curso, organiza un magosto no campo da festa de Santo Amaro de Barouta este sábado, 19 de novembro, a partires das 5 da tarde.

Castañas e comida caseira e a música da Requinta da Amaia da nosa asociación amenizarán este día de festa. Graciñas por invitarnos.

Colaboran a ANPA San Mauro e o Concello de Ames.

Vémonos alí!

sábado, 5 de novembro de 2016

Magosto no Local Social de Cruxeiras

Un ano máis, a Asociación de Veciños Pedra do Fuso invítanos a disfrutar dunha tarde de magosto, con música e diversión, e por suposto castañas e tamén bolos preñaos, bebidas e, para os máis cativos, inchables.
A Requinta da Amaia poñerá a música, xunto coas Maianas.
Non podedes faltar!


venres, 1 de xullo de 2016

Festas en Bugallido

A Requinta da Amaia, un ano máis, fomos invitados para participar nas Festas en Bugallido.
Será o domingo 17 de xullo ás 12.15 horas.
Boas festas!

A Requinta da Amaia en Ortoño

A Requinta da Amaia actuou en Ortoño polo San Xoán.
A cita foi o domingo 27 de xuño ás 11.45horas.
Velaí a fermosura das súas alfombras floráis.


venres, 20 de maio de 2016

XV aniversario da Asociación Cultural Follas Novas

Estimados profes, alumnos e amigos da A. C. Follas Novas,

O vindeiro 4 de xuño, a partir das 16 h, imos celebrar o XV aniversario da Asociación. Farémolo no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e como podedes ver no cartaza, temos música e baile para pasar unha tarde estupenda. 
Comezarán os participantes nas aulas da AC Follas Novas (16-18h), seguido  dun concerto didáctico de Pablo Carpintero (18 h, aprox. unha hora) e a actuación de varios grupos (Tiberevi dúo, Murga Os Atalaias, Os Muiñeiros do Sarela, A Requinta da Amaía e tódolos os alumnos, ex-alumnos, ex-profes e amigos da AC Follas Novas que se queiran unir á celebración).
Especialmente se vindes con nenos (e se vindes solos tamén), non vos esquezades de traer algo de merendar porque a tarde é longa e a festa da fame. 

Unha aperta para todos e vémonos alí.

Jesús Lamas
Presidente da A.C. Follas Novas

venres, 5 de febreiro de 2016

Antroido en Cruxeiras

A Asociación de Veciños Pedra do Fuso organiza, un ano máis, un baile de disfraces e degustación de doces de antroido.
A cita é o sábado 6 de febreiro a partires das 5 da tarde no local social de Cruxeiras.
A Requinta da Amaia animará o baile.
Pon o teu disfraz e vén bailar, agardámoste!