Amosando publicacións coa etiqueta Cruxeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cruxeiras. Amosar todas as publicacións

venres, 5 de xullo de 2019

Actividades da Asociación Follas Novas para 2019-2020

Un ano máis, dende a Asociación Cultural Follas Novas, organizamos cursos para todas as persoas que gostamos da música, o baile e a canción tradicional, sempre co ánimo de aprender e pasalo ben.

Para este curso contamos coas seguintes activides:
  • Os venres, no local de Cruxeiras: 
    • Acordeón cromático e diatónico.
    • Baile de adultos.
  • Os sábados, en Aldea Nova: 
    • Baile e pandeireta de cativos.
    • Pandeireta iniciación.
    • Pandeireta perfeccionamento.
    • Gaita iniciación.
    • Gaita perfeccionamento.
    • Percusión.
    • Violín.
    • Cantos de taberna.
    • Ensaio da Requinta da Amaia.
O novo curso comezará o venres 4 de outubro no local de Cruxeiras e o sábado 5 de outubro en Aldea Nova.

Consultade os horarios e prezos e enviade un correo a follasnovas.ames@gmail.com cos vosos datos indicando as actividades nas que queredes participar ou se precisades máis información.

Apertas e vémonos axiña!

mércores, 19 de setembro de 2018

Actividades da Asociación Cultural Follas Novas para o curso 2018-2019

Comeza un novo curso na nosa Asociación, coma sempre con moitas gañas de aprender e pasalo ben.

Ademais das actividades coas que contamos en anos anteriores( baile de adultos, acordeón, gaita, percusión, violín, baile e pandeireta de cativos e pandeireta iniciación e perfeccionamento), neste curso comezamos a actividade de CORO.

O novo curso comezará o venres 5 de outubro no local de Cruxeiras e o sábado 6 de outubro en Aldea Nova.

Consultade os novos horarios e prezos e enviade un correo a follasnovas.ames@gmail.com cos vosos datos indicando as actividades nas que queredes participar ou se precisades máis información.

Apertas e vémonos axiña!

venres, 6 de outubro de 2017

Actividades da Asociación Cultural Follas novas para o curso 2017-2018

Comeza un novo curso e facémolo con ilusión, despois do descanso do verán.
Botádelle unha ollada ao cartaz e tamén ás actividades e prezos.
Comezamos o venres 6 de outubro no Local Social de Cruxeiras e o sábado 7 de outubro no local de Aldea Nova.
Agardámosvos!


martes, 17 de novembro de 2015

A Requinta da Amaia nos magostos de Cruxeiras e Milladoiro

Imos de magosto en magosto!

A Requinta da Amaia anima coa súa música os magostos que se celebran :
  • o sábado 7 de novembro no local de Cruxeiras a partires das 6 do serán, organizado pola Asociación Pedra do Fuso
  • o sábado 14 de novembro na Praza de Manuel Murguía no Milladoiro, a partires das 5 da tarde, organizado polo Concello de Ames.
 http://www.concellodeames.gal/evento.php?evento=3071&idioma=es&sec=33

luns, 14 de setembro de 2015

Curso 2015-2016: comezo das actividades da AC Follas Novas

Benvidas e benvidos a un novo curso onde poderemos tocar distintos instrumentos, cantar e bailar nas aulas das actividades fixas que organiza a asociación.

As actividades serán no local sociocultural de Cruxeiras (Ames).

Indicarvos que as actividades comezan o venres, 2 de outubro, no caso de
  • gaita de fol (toque en aberto) e percusión en horario de 19.30 a 20.30h.
  •  baile de adultos en horario de 20.00 a 21.20h.
  • acordeón cromático en horario de 20.30 a 21.30h.
O resto das actividades (canto, pandeireta e baile para cativos; gaita (toque en pechado); requinta; canto e pandeireta; violín e guitarra; ensaio da "Requinta da Amaía") comezan o sábado 3 de outubro pola mañán a partires das 10.30h.

Consultade os novos horarios e prezos e enviade un correo a follasnovas.ames@gmail.com cos vosos datos indicando as actividades nas que queredes participar ou se precisades máis información.

Apertas e vémonos axiña!

Curso 2015-2016: María G. Blanco, nova profesora de violín.

Neste curso 2015-2016 que estamos a comezar, incorporánse ao profesorado das aulas da asociación María G. Blanco en violín.
As clases serán os sábados ás 12.30h.
Botádelle unha ollada á súa formación e traxectoria musical.
Agardamos que vos agrade e que vos animedes a asistir!


María G. Blanco (Lalín, 1983)
Estuda violín dende os 7 anos no Conservatorio Profesional de Lalín coa mestra Inara Vecbastika, logo no Conservatorio Superior de Vigo e na Xove Orquestra Sinfónica de Galicia. No Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín coñece ao mestre Quim Farinha, o que a achega a outras músicas e linguaxes. Como intérprete colabora con diferentes músicos galegos e segue a formarse en música moderna e novas técnicas para o instrumento. É mestra de educación musical e adícase á docencia da música dende 2002.

xoves, 2 de xullo de 2015

Foliada fin de curso 2014-2015 da AC Follas Novas

Un ano máis chegou o momento de vernos e celebrar a foliada de fin de curso.

A festa é o venres, 19 de xuño no local de Cruxeiras ás 20.00 horas.

Acordeóns cromáticos e diatónicos, baile, pandeireta, gaitas e percusión, requintas, violíns e guitarras e a nosa Requinta da Amaía están preparados para que disfrutemos de boa música.

Podedes invitar a quen queirades, o único requisito é vir a disfrutar bailando, tocando, cantando e tamén comendo e bebendo!!

Traede algo de comida e bebida para compartir e, coma sempre, gañas de pasalo ben!
 Xa están no canle da asociación en youtube algún dos videos das actuacións na foliada.
Esperamos que vos guste e que nos vexamos no vindeiro curso!