Aleksandr (Oles) Savchuk, violinista de "A Quenlla", nado en Ucrania e residente en Galicia dende o ano 2004, será o profesor de violín,mandolina e guitarra na nosa asociación neste novo curso 2013-2014.
As clases comezan o venres, 4 de outubro, ás 20.30h. no IES de Ames en Bertamiráns.
Podedes ollar este video e tamén a súa biografía.
Tanto se xa sabedes tocar estes instrumentos como se sodes principiantes, non deixedes pasar a oportunidade de aprender música tradicional galea da man de Oles.
Amosando publicacións coa etiqueta IES de Ames b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IES de Ames b>. Amosar todas as publicacións
luns, 30 de setembro de 2013
venres, 13 de setembro de 2013
Comezo das actividades da asociación no curso 2013-2014
Todas as actividades serán no IES de Ames en Bertamiráns.
Ademais temos como novidades:
- as actividades de violín, mandolina e guitarra con Oles Savchuk
- o profesor de acordeón cromático será Marcos Varela.
- baile de adultos en horario de 20.30 a 21.50h., no ximnasio do IES de Ames
- acordeón cromático en horario de 20.30 a 22.30h. en aulas do IES de Ames
- violín, mandolina e guitarra en horario de 20.30 a 22.30h. en aulas do IES de Ames.
Consultade os novos horarios e prezos e enviade un correo a follasnovas.ames@gmail.com cos vosos datos indicando as actividades nas que queredes participar ou se precisades máis información.
Vémonos axiña!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

