Amosando publicacións coa etiqueta Actuacions. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actuacions. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de xaneiro de 2020

A Requinta da Amaia no Concerto de Nadal

A Requinta da Amaia da nosa Asociación participa no Concerto de Nadal que organiza o Concello de Ames.
A cita é o sábado 4 de Xaneiro de 2020 ás 19.30h. na Casa da Cultura de Milladoiro.
Aproveitamos para desexarvos Bo Aninovo!

luns, 11 de novembro de 2019

A Requinta da Amaía no magosto de Barouta

Chega o magosto ao Pavillón do CEIP de Barouta organizado polo CEIP de Barouta e a ANPA San Mauro.
Será o venres 22 de novembro a partires das 16.30h.
A Requinta da Amaía acompañaremos con música esta festa.
A recaudación será para a viaxe do alumnado de 6º de primaria.
Vinde a divertirvos e colaborar!

mércores, 26 de xuño de 2019

A Requinta da Amaia na Noite Meiga de Piñeiro

A Asociación d Veciños de Piñeiro celebra a súa Noite Meiga no campo de baile o sábado 22 de xuño a partires das 9.30h. do serán.
Bo xantar e moitas gañas de pasalo ben.
Nós, a Requinta da Amaia, poñemos a música.
Vén saltar a cacharela e disfrutar desta noite.
Agardámoste!

domingo, 3 de xuño de 2018

Actuación da Requinta da Amaía en Piñeiro

A veciñanza de Piñeiro invita á Requinta da Amaía a tocar na súa Festa das Flores.
Será o domingo 27 de maio ás 13.00h
Graciñas por contar con nós!
https://drive.google.com/file/d/1tgMDZHWE9WJXcfsDxj2Gl2uFcCHO0drC/view?usp=sharing

A Requinta da Amaia en Bugallido


A Requinta da Amaia actúa nas Festas de Santa Lucía en Bugallido.
A cita é o domingo 6 de maio ás 12.30h.
Graciñas por invitarnos!

domingo, 18 de marzo de 2018

FestiVal da Maía

A Requinta da Amaia participa no FestiVal da Maía que se celebra o sábado 17 de marzo de 2018 a partires das 20.00h. na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Graciñas ás Maians por invitarnos.

venres, 5 de febreiro de 2016

Antroido en Cruxeiras

A Asociación de Veciños Pedra do Fuso organiza, un ano máis, un baile de disfraces e degustación de doces de antroido.
A cita é o sábado 6 de febreiro a partires das 5 da tarde no local social de Cruxeiras.
A Requinta da Amaia animará o baile.
Pon o teu disfraz e vén bailar, agardámoste!


martes, 17 de novembro de 2015

A Requinta da Amaia nos magostos de Cruxeiras e Milladoiro

Imos de magosto en magosto!

A Requinta da Amaia anima coa súa música os magostos que se celebran :
  • o sábado 7 de novembro no local de Cruxeiras a partires das 6 do serán, organizado pola Asociación Pedra do Fuso
  • o sábado 14 de novembro na Praza de Manuel Murguía no Milladoiro, a partires das 5 da tarde, organizado polo Concello de Ames.
 http://www.concellodeames.gal/evento.php?evento=3071&idioma=es&sec=33

martes, 8 de setembro de 2015

Actuacións da Requinta da Amaia na Ameixenda e en Ortoño

A Requinta da Amaia colaborou nas festa da Ameixenda que se celebraron o 30 de agosto e en Ortoño, o 13 de setembro.
Ambiente de festa, música e gañas de disfrutar.
Agardamos vernos en vindeiras edicións!





venres, 3 de xullo de 2015

A Requinta da Amaia na Festa do Chourizo ao viño

A Requinta da Amaia actuará na XI Festa do Chourizo ao Viño.
Será o domingo, 12 de xullo, en Ortoño.
Ven a disfrutar da boa música e o bó xantar!



mércores, 12 de novembro de 2014

A "Requinta da Amaia" no magosto en Bertamiráns

Chega o tempo das castañas e non podemos perdernos a cita obrigada co magosto.
Será o sábado 15 de novembro, na Praza de Chavián en Bertamiráns
E para animar o baile, alí estaremos a "Requinta da Amaia" a partires das 5 do serán.
No cartaz tedes máis información doutras actividades que se farán ese día.

Vinde disfrutar da festa con nós!

martes, 23 de setembro de 2014

A Requinta da Amaia con Médicos Sen Fronteiras

O domingo 28 de setembro ás 13.00h. na Praza do Toural en Santiago de Compostela, a Requinta da Amaia convídavos a disfrutar da música e os bailes da nosa terra.

Esta é unha iniciativa de Médicos Sen Fronteiras que a través do seu programa Santiago sen Fronteiras, quere dar a coñecer as súas actividades e convídanos a realizar un roteiro sen fronteiras pola acción humanitaria.

Aquí podes consultar o programa completo de actividades a desenvolver en Compostela entre o 23 de setembro e o 3 de outubro.

Agardamos por ti!




mércores, 2 de xullo de 2014

A "Requinta da Amaía" en Covas

O domingo 6 de xullo a "Requinta da Amaía" tocará no adro da igrexa de San Esteban de Covas (Ames) arredor das 14.00horas.


A "Requinta da Amaía" nos Encontros Culturais no Pazo 2014

A "Requinta da Amaía " da nosa asociación participa este venres, 4 de xullo, ás 9.30 do serán no Pazo da Peregrina en Bertamiráns nos Encontros Culturais no Pazo 2014 que organiza o Concello de Ames.
Ven con nós a disfrutar de xotas, muiñeiras, valses, polcas, mazurcas, pasodobres, rumbas e moitos outros ritmos que de seguida aprenderás e disfrutarás bailando.
Agardámoste!

Mái información aquí

Podedes ollar algunhas fotos da actuación premendo aquí.

domingo, 1 de decembro de 2013

A "Requinta da Amaía" na Casa da Cultura de Bertamiráns

A "Requinta da Amaía" participa no Concerto de Santa Cecilia que terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns o sábado 23 de novembro, a partires das 20.30h.

luns, 22 de abril de 2013

Día do libro en Bertamiráns

A Requinta da Amaía da nosa asociación participou este sábado, 20 de abril, no programa de actividades das xornadas de "Literatura na praza", que organizaba o Concello de Ames na praza do Concello en Bertamiráns.
E tamén participamos na campaña "Gústame o galego". E a vós, gústavos esta foto?
Máis información na web do concello de Ames

domingo, 27 de xaneiro de 2013

Tarde de requinta

O sábado 23 de febreiro no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, a partires das 5 da tarde, agardámoste para disfrutar dunha Tarde de Requinta con nós.
Olla o cartaz para ver os horarios das distintas actividades e anímate a participar!
Todas as actividades son abertas.

luns, 17 de decembro de 2012

Celebración da chegada do Solsticio de inverno


A REQUINTA da nosa asociación actuará o vindeiro sábado, 22 de decembro, ás 11.00 da mañán no Mercado de Alimento Labrego de Teo nos Tilos para celebrar a chegada do Solsticio de inverno.
Por este motivo, as labregas e os labregos que dan vida ao mercado,  xunto co Sindicato Labrego e o Concello de Teo organizan un Mercado especial.
Como tódolos sábados agárdanvos verduras e froitas locais e de tempada, doces caseiros, marmeladas, licores, ovos, leite, queixo, mel, etc.

E o sábado 22 ademais:
- Postos de artesanía.
- Petiscos elaborados polas labregas e labregos a prezos simbólicos: cremas quentes, chocolate, pinchos doces e salgados, etc.


Máis información:
  • Facebook - Mercadolabregodeteo

mércores, 14 de marzo de 2012

Actuación nas Festas de San Xosé no Milladoiro

A parroquia de O Milladoiro celebrará a festividade na honra de San Xosé os días 18 e 19 de marzo.
A nosa asociación colabora nesta festividade tocando na procesión que sae desde a capela da Magdalena ás 11.30h. e interpretando distintas pezas tradicionais no adro.
Máis información neste enlace

mércores, 21 de decembro de 2011

Festival de Nadal no Milladoiro

A Asociación Cultural Follas Novas participa no festival de Nadal que organiza o Concello de Ames.
Esta cita é o 28 de decembro ás 20.30h. na casa da cultura do Milladoiro.

Tamén actuará o grupo A Subela do Liceo de Noia
http://www.asubela.es.tl/P%C1XINA-PRINCIPAL.htm

Ollade as fotos nestes enlaces
E nos seguintes enlaces, podedes ver vídeos da actuación: