Amosando publicacións coa etiqueta Pazo da Peregrina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pazo da Peregrina. Amosar todas as publicacións

venres, 2 de marzo de 2018

Festa homenaxe aos Raparigos polo seu 50 aniversario

A Asociación Cultural Follas Novas, en colaboración co Concello de Ames, quere homenaxear aos Raparigos polo seu 50 aniversario.

Compartiremos actuación no Pazo da Peregrina o sábado 3 de marzo ás 19.00 horas e despois haberá foliada aberta ás 21.30h.

Animádevos a cantar, tocar e bailar!


venres, 20 de maio de 2016

XV aniversario da Asociación Cultural Follas Novas

Estimados profes, alumnos e amigos da A. C. Follas Novas,

O vindeiro 4 de xuño, a partir das 16 h, imos celebrar o XV aniversario da Asociación. Farémolo no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e como podedes ver no cartaza, temos música e baile para pasar unha tarde estupenda. 
Comezarán os participantes nas aulas da AC Follas Novas (16-18h), seguido  dun concerto didáctico de Pablo Carpintero (18 h, aprox. unha hora) e a actuación de varios grupos (Tiberevi dúo, Murga Os Atalaias, Os Muiñeiros do Sarela, A Requinta da Amaía e tódolos os alumnos, ex-alumnos, ex-profes e amigos da AC Follas Novas que se queiran unir á celebración).
Especialmente se vindes con nenos (e se vindes solos tamén), non vos esquezades de traer algo de merendar porque a tarde é longa e a festa da fame. 

Unha aperta para todos e vémonos alí.

Jesús Lamas
Presidente da A.C. Follas Novas

mércores, 2 de xullo de 2014

A "Requinta da Amaía" nos Encontros Culturais no Pazo 2014

A "Requinta da Amaía " da nosa asociación participa este venres, 4 de xullo, ás 9.30 do serán no Pazo da Peregrina en Bertamiráns nos Encontros Culturais no Pazo 2014 que organiza o Concello de Ames.
Ven con nós a disfrutar de xotas, muiñeiras, valses, polcas, mazurcas, pasodobres, rumbas e moitos outros ritmos que de seguida aprenderás e disfrutarás bailando.
Agardámoste!

Mái información aquí

Podedes ollar algunhas fotos da actuación premendo aquí.

domingo, 27 de xaneiro de 2013

Tarde de requinta

O sábado 23 de febreiro no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, a partires das 5 da tarde, agardámoste para disfrutar dunha Tarde de Requinta con nós.
Olla o cartaz para ver os horarios das distintas actividades e anímate a participar!
Todas as actividades son abertas.

venres, 14 de decembro de 2012

Encontro con Alain Pennen



O días Venres 28 e Sábado 29 de Decembro de 2012 aCentral Folque e a Asociación Cultural Follas Novas convertirán o Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Concello de Ames) nun punto de encontro para acordeonistas en torno a figura do músico Bretón Alain Pennec.
Desde aCentral Folque e a Asociación Cultural Follas Novas, e coa colaboración do Concello de Ames, agradecemos o teu interese e apoio nesta proposta.



Inscricións e máis información sobre o curso pinchando  aquí.