Amosando publicacións coa etiqueta a requinta da amaía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta a requinta da amaía. Amosar todas as publicacións

venres, 5 de febreiro de 2016

Antroido en Cruxeiras

A Asociación de Veciños Pedra do Fuso organiza, un ano máis, un baile de disfraces e degustación de doces de antroido.
A cita é o sábado 6 de febreiro a partires das 5 da tarde no local social de Cruxeiras.
A Requinta da Amaia animará o baile.
Pon o teu disfraz e vén bailar, agardámoste!


luns, 1 de febreiro de 2016

A Requinta da Amaia na I Polavila Retranqueira no Milladoiro

A Requinta da Amaia da AC Follas Novas, invitada pola AC Retranqueiros de Ames para celebrar o seu primeiro ano de vida, participa no Milladoiro na I Polavila Retranqueira, xunto con outros grupos.
A cita coa Requinta da Amaia é ás 19.30horas, aínda que a música e o baile continuará ata que o corpo aguante.
Contamos con vós!

martes, 17 de novembro de 2015

A Requinta da Amaia nos magostos de Cruxeiras e Milladoiro

Imos de magosto en magosto!

A Requinta da Amaia anima coa súa música os magostos que se celebran :
  • o sábado 7 de novembro no local de Cruxeiras a partires das 6 do serán, organizado pola Asociación Pedra do Fuso
  • o sábado 14 de novembro na Praza de Manuel Murguía no Milladoiro, a partires das 5 da tarde, organizado polo Concello de Ames.
 http://www.concellodeames.gal/evento.php?evento=3071&idioma=es&sec=33

martes, 8 de setembro de 2015

A Requinta da Amaia en Lapido

A Requinta da Amaia tocará nas festas da Mercé que se celebran en Lapido.
A cita é o domingo, 19 de setembro, ás 13.00 horas.
Vémonos alí!

Actuacións da Requinta da Amaia na Ameixenda e en Ortoño

A Requinta da Amaia colaborou nas festa da Ameixenda que se celebraron o 30 de agosto e en Ortoño, o 13 de setembro.
Ambiente de festa, música e gañas de disfrutar.
Agardamos vernos en vindeiras edicións!





venres, 3 de xullo de 2015

A Requinta da Amaia na Festa do Chourizo ao viño

A Requinta da Amaia actuará na XI Festa do Chourizo ao Viño.
Será o domingo, 12 de xullo, en Ortoño.
Ven a disfrutar da boa música e o bó xantar!



xoves, 2 de xullo de 2015

Foliada fin de curso 2014-2015 da AC Follas Novas

Un ano máis chegou o momento de vernos e celebrar a foliada de fin de curso.

A festa é o venres, 19 de xuño no local de Cruxeiras ás 20.00 horas.

Acordeóns cromáticos e diatónicos, baile, pandeireta, gaitas e percusión, requintas, violíns e guitarras e a nosa Requinta da Amaía están preparados para que disfrutemos de boa música.

Podedes invitar a quen queirades, o único requisito é vir a disfrutar bailando, tocando, cantando e tamén comendo e bebendo!!

Traede algo de comida e bebida para compartir e, coma sempre, gañas de pasalo ben!
 Xa están no canle da asociación en youtube algún dos videos das actuacións na foliada.
Esperamos que vos guste e que nos vexamos no vindeiro curso!

mércores, 12 de novembro de 2014

A "Requinta da Amaia" no magosto en Bertamiráns

Chega o tempo das castañas e non podemos perdernos a cita obrigada co magosto.
Será o sábado 15 de novembro, na Praza de Chavián en Bertamiráns
E para animar o baile, alí estaremos a "Requinta da Amaia" a partires das 5 do serán.
No cartaz tedes máis información doutras actividades que se farán ese día.

Vinde disfrutar da festa con nós!

mércores, 5 de novembro de 2014

Magosto en Cruxeiras

A Asociación de Veciñ@s Pedra do Fuso invítanos a participar no Magosto que se vai celebrar no local social de Cruxeiras o sábado 8 de novembro a partires das 6 do serán.
As castañas están aseguradas e tamén o baile animado pola "Requinta da Amaia".
Vémonos alí!

martes, 23 de setembro de 2014

A Requinta da Amaia con Médicos Sen Fronteiras

O domingo 28 de setembro ás 13.00h. na Praza do Toural en Santiago de Compostela, a Requinta da Amaia convídavos a disfrutar da música e os bailes da nosa terra.

Esta é unha iniciativa de Médicos Sen Fronteiras que a través do seu programa Santiago sen Fronteiras, quere dar a coñecer as súas actividades e convídanos a realizar un roteiro sen fronteiras pola acción humanitaria.

Aquí podes consultar o programa completo de actividades a desenvolver en Compostela entre o 23 de setembro e o 3 de outubro.

Agardamos por ti!




mércores, 2 de xullo de 2014

A "Requinta da Amaía" en Covas

O domingo 6 de xullo a "Requinta da Amaía" tocará no adro da igrexa de San Esteban de Covas (Ames) arredor das 14.00horas.


A "Requinta da Amaía" nos Encontros Culturais no Pazo 2014

A "Requinta da Amaía " da nosa asociación participa este venres, 4 de xullo, ás 9.30 do serán no Pazo da Peregrina en Bertamiráns nos Encontros Culturais no Pazo 2014 que organiza o Concello de Ames.
Ven con nós a disfrutar de xotas, muiñeiras, valses, polcas, mazurcas, pasodobres, rumbas e moitos outros ritmos que de seguida aprenderás e disfrutarás bailando.
Agardámoste!

Mái información aquí

Podedes ollar algunhas fotos da actuación premendo aquí.

xoves, 26 de xuño de 2014

A "Requinta da Amaía" na Festa da Natureza en Tapia

A "Requinta da Amaía" participa na Festa da Natureza cun obradoiro de danzas tradicionais que comenzará ás 19.00h. o domingo 29 de xuño na praia fluvial de Tapia.
Durante todo o día haberá actividades diversas e moi interesantes.
Para máis información, premede aquí.


Foliada fin de curso 2013/14 da Asociación Cultural Follas Novas

Despois dun curso de moita ilusión e música, chegou o momento de bailar, tocar e cantar todos os socios e socias e tamén a quen queirades invitar.

A festa é o venres, 27 de xuño no local de Cruxeiras ás 20.00 horas.

Acordeóns cromáticos e diatónicos, baile, pandeireta, gaitas e percusión, requintas, violíns e guitarras e a nosa Requinta da Amaía están preparados para que disfrutemos de boa música.

Traede algo de comida e bebida para compartir e, coma sempre, gañas de pasalo ben!


venres, 16 de maio de 2014

A "Requinta da Amaía" en Bugallido

O sábado 17 de maio a Requinta da Amaía participa no programa de festexos de San Isidro en Bugallido.
Disfrutarás de boa música e bo xantar!

xoves, 6 de febreiro de 2014

Foliada polos 10 anos da Gentalha do Pichel

A Requinta da Amaía e unha morea de grupos participamos na celebración dos 10 anos da Gentalha do Pichel.
Neste enlace podes ollar fotos.

domingo, 1 de decembro de 2013

A "Requinta da Amaía" na Casa da Cultura de Bertamiráns

A "Requinta da Amaía" participa no Concerto de Santa Cecilia que terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns o sábado 23 de novembro, a partires das 20.30h.

A "Requinta da Amaía" no magosto de Milladoiro (Ames)

O sábado 16 de novembro a partires das 6 do serán, a "Requina da Amaía" da nosa asociación, actúa no Milladoiro no magosto que organiza o Concello de Ames.
As familias do alumnado de 6º de primaria do CEP de Ventín serán as encargadas de que as castañas estén no seu punto.
Non volo perdades!


venres, 6 de setembro de 2013

A Requinta da Amaía nas festas da Rúa de Baixo en Santiago

Botádelle unha ollada ao programa das Festas da Rúa de Baixo en Santiago de Compostela previstas para esta fin de semana e vinde disfrutar da xente, da música e baile e do xantar.
Pasarrúas da Requinta da Amaía este venres, 6 de setembro, ás 8.30 do serán.
E as 10.30 do serán, baila e canta con Verdegaio.
Vémonos alí!

luns, 22 de abril de 2013

Día do libro en Bertamiráns

A Requinta da Amaía da nosa asociación participou este sábado, 20 de abril, no programa de actividades das xornadas de "Literatura na praza", que organizaba o Concello de Ames na praza do Concello en Bertamiráns.
E tamén participamos na campaña "Gústame o galego". E a vós, gústavos esta foto?
Máis información na web do concello de Ames