luns, 17 de decembro de 2012

Celebración da chegada do Solsticio de inverno


A REQUINTA da nosa asociación actuará o vindeiro sábado, 22 de decembro, ás 11.00 da mañán no Mercado de Alimento Labrego de Teo nos Tilos para celebrar a chegada do Solsticio de inverno.
Por este motivo, as labregas e os labregos que dan vida ao mercado,  xunto co Sindicato Labrego e o Concello de Teo organizan un Mercado especial.
Como tódolos sábados agárdanvos verduras e froitas locais e de tempada, doces caseiros, marmeladas, licores, ovos, leite, queixo, mel, etc.

E o sábado 22 ademais:
- Postos de artesanía.
- Petiscos elaborados polas labregas e labregos a prezos simbólicos: cremas quentes, chocolate, pinchos doces e salgados, etc.


Máis información:
  • Facebook - Mercadolabregodeteo

Ningún comentario:

Publicar un comentario