xoves, 13 de xuño de 2013

Presentación do libro Mallou

O noso profesor de gaita e de requinta Alexandre Cadarso, máis coñecido por Cano, presenta o libro sobre Mallou, o gaiteiro das Casas Novas.

Neste libro coñecerás a Juan Bello Mallou, un dos últimos de gaiteiros que viviu a música tradicional como un feito natural, integrado na sociedade e que se facía pasar seguindo a cadea de transmisión oral.
Saberás dos seus mestres, dos grupos en que tocou, do seu estilo, das anécdotas que viviu... e acharás o mellor tesouro deste gaiteiro compostelán, unha boa parte do seu repertorio musical.

A cita é o venres 21 de xuño, ás 9 do serán, no Salón Nobre de Fonseca en Compostela.

E se te achegas á parte vella de Compostela arredor das 8 do serán, atoparás grupos de gaiteiros tocando polas rúas en homenaxe a Mallou e que rematarán na praza de Fonseca a tempo para a presentación do libro. Sen dúbida unha experiencia para lembrar.

Non faltes!

1 comentario:

  1. Xenial !. Acabo de entrar no voso blogue !. Encántame !. Tentarei acudir o venres 21, a Fonseca...non hai escusa para faltar !
    ( e con ese agasallo polas rúas milenarias ! )
    Xenial.
    Parabéns!
    Agustín Pena
    ( A.Vv. Raigame. Santiago )

    ResponderEliminar