xoves, 26 de xuño de 2014

Foliada fin de curso 2013/14 da Asociación Cultural Follas Novas

Despois dun curso de moita ilusión e música, chegou o momento de bailar, tocar e cantar todos os socios e socias e tamén a quen queirades invitar.

A festa é o venres, 27 de xuño no local de Cruxeiras ás 20.00 horas.

Acordeóns cromáticos e diatónicos, baile, pandeireta, gaitas e percusión, requintas, violíns e guitarras e a nosa Requinta da Amaía están preparados para que disfrutemos de boa música.

Traede algo de comida e bebida para compartir e, coma sempre, gañas de pasalo ben!


Ningún comentario:

Publicar un comentario